NOVO CURSO 2010 – 11

Publicado Setembro 20, 2010 por lobeiro
Categorías: Uncategorized

Hoxe comezamos as aulas, xa tedes traballo por diante…

Comeza un novo curso, benvidos a 2º ESO

Publicado Setembro 16, 2010 por lobeiro
Categorías: Uncategorized

Feliz regreso ao Carrasco… Desexámosvos un inesquecible 2º ESO

DATAS EXAMES

Publicado Abril 15, 2010 por lobeiro
Categorías: Uncategorized

1º EXAME: 4 DE MAIO DE 2010

2º EXAME: 8 XUÑO DE 2010

ENTREGA DO TRABALLO : Entre o 31 de maio e o 4 de xuño. Non se recollerá ningún traballo fóra desa data, o que conleva unha valoración negativa neste apartado.

Todos os xoves (2º A/B) e venres (2º B) se adicará un espazo de tempo á lectura na aula.

O MANICOMIO

Publicado Abril 13, 2010 por lobeiro
Categorías: Uncategorized

O manicomio

 

    Unha noite de lúa chea uns amigos meus retáronme xunto con catro amigos a pasar a noite nas  ruínas do manicomio que había no pobo desde había sesenta anos. Nós, como eramos moi atrevidos dixemos  que o iamos cumprir, así que collemos os sacos de durmir, as lanternas e fomos para o vello hospital.

    Alí dispuxémonos a deixar as nosas cousas nunha habitación máis ou menos decente e collemos  as lanternas e fomos esculcar un pouco por alí. Camiñamos polos corredores escuros e cheos de arañeiras. De repente sentín un arrepío diante da porta de onde estaba tempos atrás a sala na que se gardaban os cadáveres antes de enterralos e deume por entrar alí. Cando o fixen pechouse a porta de forma moi estraña, deixando os meus amigos fóra da sala. Durante a estancia na sala sentín que unha forza estraña tiraba de min, coma se quixese aforcarme, pero os meus amigos tiraron a porta abaixo e axudáronme a fuxir da sala.

    Eles decidiron que ese reto era moi perigoso e era mellor marchar de alí e avisar o dono do terreo.

RAQUEL VILLA, 2º B

 

RELATOS DE TERROR

Publicado Abril 12, 2010 por lobeiro
Categorías: Uncategorized

 

UNHA DE HOMES LOBO

 

“Hai que ver que bonita é a lúa chea cando se ve desde o monte”, iso pensaba Ramón mentres camiñaba por aquela fonda congostra, tan fonda que case se vía o chan do monte. Seguía aquel camiño porque escoitara unha vez na casa que os lobos esperaban e mataban á xente nos camiños principais. Maís xa había tempo que se sentía observado. Ás veces escoitaba carreiras detrás del e uns saltos. Rapidamente xirábase pero non vía nada. Iso só podía significar algo. Saíu rapidamente da congostra e colleu uns cantos croios. O chan do monte estaba cuberto por unha espesa néboa , que brillaba e se esparexía con aspecto fantasmal á luz da lúa.Tiña que apurar. Empezou a correr, e sentiu carreiras detrás del. Sabía que ían a por el. Entón viuna, unha casa enorme, entrou dentro dela e fechou a porta. Parecía abandonada, tiña un aspecto fúnebre. De repente na escuridade apareceu un home calvo, tiña que ter uns trinta e dous aproximadamente. Preguntoulle o que lle pasaba, e Ramón díxollo. Ofreceulle sentar e nese intre, de súpeto, empezoulle a doer o nocello e percibiu que un dos lobos lle mordera o nocello. Nesas, o home convidouno a un vaso de leite quente, que Ramón aceptou; tamén lle trouxo unhas vendas, púxollas no nocello e invitouno a durmir. Cando foi para a cama deuse conta de que había un montón de pelos. O home, que se chamaba Arturo, díxolle que cortara o pelo aquela tarde. Ramón empezou a desconfiar, mais quedou esa noite a durmir alí. Pola mañá levantouse e Arturo non estaba, deixara unha nota dicía así: -Voume, por favor ven todos os domingos a esta cabana, polo teu ben e o dos teus seres máis queridos. Ramón quedou estrañado pola carta que lle deixara Arturo, regresou á súa casa un pouco nervioso por se aparecían os lobos, pero chegou san e salvo. Ao seguinte venres foi á cabana como lle dixera Arturo e alí estaban el e algunhas persoas máis:

-Boas, Ramón.

 -Que ocorre Arturo?

-Teño que contarche unha cousa.

-Que pasa?

-Pois que agora es un dos nosos.

 -Como? Como un dos vosos?

-Pois que es un licantropus maximus.

-Que é iso?

-Un home lobo que todos os venres se converte e os licántropos inferiores obedecen, e o outro día mordinche eu no nocello e é así como tomaches nova identidade.

-Vós estades tolos!

-Espera á noite, vai a chegar á mañá e vas a aparecer noutro lugar, tes que esposarte á calefacción.

-E porque eu e vós non?

 -Porque nós xa nos controlamos.

-Eu voume, estades todos loucos.

Polo camiño de volta ao fogar comecei a encontrarme mal e caín no chan. Ao seguinte día pola mañá aparecín na casa, con toda a boca chea de sangue. O meu compañeiro de piso e o veciño tirados no chan coas tripas espalladas polo chan e un gran manto de polos debaixo deles. Empecei a lamentarme por non facerlle caso a Arturo e tiven que esperar ata o seguinte venres para poder velo outra vez. Chegou o venres e fun xunto Arturo:

-Outra vez ti por aquí?

-Si, por favor, dime como podo quitarme o encantamento?

-Temos que matar o licántropo alfa.

-E quen é? Como o podemos encontrar?

 -Non sabemos a súa identidade, pero si como é. Ten dúas dentaduras coma as dun tiburón, unhas orellas moi grandes, e o paso dos anos non lle afecta. Pero primeiro temos que reunir máis xente porque é un licantropo moi forte.

Cada noite de venres eramos máis e máis no bosque; a finais de ano xa sumabamos 30 licántropos. E Arturo dixo que con todos xa se podía combater contra o licántropo alfa. Empezamos a buscar por todas as clínicas de dentistas pero non houbo sorte, de repente a Ramón acordoulle que un dos profesores tiña a mesma aparencia que había 14 anos.Cando saíu do instituto seguírono ata a súa casa e pola noite foron todos alí a matalo, mais ninguén foi capaz de facelo. De súpeto apareceu Laura a noiva de Arturo, e cravoulle un garfo de prata nas costas. Foi así como desapareceu o feitizo. Pero malia todo Arturo seguirá polas noites matando persoas, porque el non quixera converterse en humano.

SAÚL GUARDADO, 2º A

 

DATAS DOS EXAMES

Publicado Marzo 2, 2010 por lobeiro
Categorías: EXAMES

O 2º exame da 2ª avaliación será  o xoves 11 de marzo para os dous grupos.

BENVIDA

Publicado Marzo 2, 2010 por lobeiro
Categorías: Uncategorized

Benvidos ao blog de 2º ESO do Monte Carrasco.

Sentiredes curiosidade por coñecer a razón do seu nome. Veredes, O Lobeiro foi un barco baleeiro que capturaba cetáceos para logo procesar na factoría baleeira de Cangas. Din os que o viron por primeira vez en Cangas que os arpóns brillaban como a prata.

O obxectivo do blog é que os alumnos-compañeiros publiquen comentarios e teñan un espazo onde comunicarse e facer consultas.

Esperamos que teña un longo e interesante percorrido.